Xestión eficaz, rápida, sinxela e sen complicacións
Xestiona de forma sinxela e sen complicacións orzamentos, facturas, gastos, contactos e máis funcionalidades pensadas para cubrir as necesidades máis importantes na facturación de autónomos e pequena empresa.
Contido personalizado
Engade contido propio en base ás túas necesidades
Non todas as empresas ou autónomos teñen as mesmas necesidades, por esta razón, OrzaMe permite personalizar diferentes campos como liñas de negocio, textos recorrentes, series de facturas… e adaptar a aplicación ao teu negocio.


Servizo en liña centralizado
Non máis preocupacións por perder datos ou facer copias de seguridade, coa posibilidade de acceder en calquera momento e de forma segura á información na nube.
Traballo individual ou colaborativo
Compartir acceso con outros usuarios ou permitir que o noso asesor poida consultar información e descargar documentos resulta sinxelo e totalmente seguro.
Integración con Veri*factu en España
Con OrzaMe, cumprir coa normativa é fácil e automático
As facturas envíanse de forma inmediata á Axencia Tributaria, sen que teñas que facer nada. O noso sistema cumpre con todos os requisitos esixidos pola AEAT, garantindo un proceso seguro, inalterable e totalmente legal. Ademais, ao utilizar un software certificado e actualizado, reduces significativamente o risco de sancións por incumprimento.

Control de estatísticas
Consultar ingresos, gastos, rendibilidade ou información por cliente para ampliar e obter unha visión global relacionada coa actividade levada a cabo.
Api para desenvolvedores
OrzaMe ofrece unha Api pensada para que terceiros accedan á información documentada con todas as garantías de seguridade e flexibilidade posibles.
Explorar a ApiAcceder á documentación
