Data da última revisión: Setembro de 2025
Aviso legal
En cumprimento do establecido na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), ponse á disposición dos usuarios a seguinte información xeral:
Titularidade do sitio web
De acordo co disposto no artigo 10 da mencionada lei, infórmase que este sitio web é propiedade de:
- Titular: Sond3 diseño&desarrollo (En adiante, ORZAME)
- NIF: B27346063
- Enderezo postal a efectos de comunicacións: Lugar Oroxe 12, 27258, Castro De Rei (Lugo).
- Correo electrónico a efectos de comunicacións: info@orzame.com
- Actividade principal: Servizos de software
- Inscrición en Rexistro Mercantil: Inscrita en Rexistro Mercantil de Lugo Tomo 364, Folio 42, Sección 9, Folla LU 11350.
Condicións de uso
O acceso e navegación por este sitio web supón a aceptación expresa das condicións descritas neste aviso legal. Os usuarios comprométense a utilizar o sitio e os seus servizos de forma legal, respectuosa e de boa fe, conforme á normativa vixente.
Propiedade intelectual
Todos os elementos que integran esta web —tales como textos, imaxes, audios, códigos, deseños ou outros contidos— son propiedade de ORZAME ou atópanse debidamente licenciados para o seu uso.
Queda prohibida calquera forma de reprodución, transformación, distribución ou comunicación pública de ditos contidos con fins comerciais sen autorización expresa.
Normas de conduta do usuario
Está terminantemente prohibido utilizar este sitio con fins ilícitos, contrarios á moral, aos dereitos de terceiros ou á normativa sobre propiedade intelectual e industrial. Entre outras condutas non permitidas, inclúense:
- Publicación ou difusión de contidos ofensivos, racistas, violentos, pornográficos ou que inciten ao odio.
- Distribución de virus ou software malicioso.
- Envío de publicidade non solicitada ou enganosa.
- Difusión de información falsa ou manipulada.
- Suplantación de identidade ou uso de datos persoais de terceiros.
- Incumprimento da normativa en materia de privacidade e protección de datos.
Ligazóns a sitios externos
Este sitio pode conter ligazóns a páxinas web de terceiros. ORZAME non se fai responsable do contido nin da veracidade da información presente en ditos sitios, sobre os que non ten control algún.
En caso de detectar que algún destes enlaces dirixe a contidos ilegais ou inapropiados, procederase á súa eliminación inmediata, notificando ás autoridades se é necesario.
Do mesmo modo, ORZAME non se responsabiliza dos contidos ou opinións expresadas por terceiros en seccións interactivas como foros ou redes sociais, aínda que se compromete a retiralos coa maior dilixencia posible se se comproba que vulneran a lei, tras a súa detección ou notificación.
Dispoñibilidade do servizo
Prevese que o sitio web estea operativo as 24 horas do día, os 365 días do ano. Sen embargo, non se garante unha dispoñibilidade continua, xa que poden producirse interrupcións por razóns técnicas, labores de mantemento, actualizacións ou causas alleas á vontade da titular, como fallos do servidor, fenómenos naturais ou conflitos laborais.