Data da última revisión: Outubro de 2025
Dunha parte, SOND3 DESEÑO & DESENVOLVEMENTO S.L. (en adiante, “ORZAME” ou “O PROVEDOR”), titular do NIF: B27346063 e con domicilio en Lugar Oroxe 12, Bazar, Castro de Rei, 27258 (Lugo), representada por D. Diego Vilariño Penelo.
De otra parte, EL CLIENTE, cuyos datos deberá incorporar en el formulario de compra de la web https://app.orzame.com para formalizar el pedido (en adelante, EL CLIENTE).
O CLIENTE coñece, entende e acepta libremente, as presentes CONDICIÓNS LEGAIS DE VENDA PARA EMPRESAS E PROFESIONAIS para a contratación dunha licenza de uso do software ORZAME. Ambas as partes formalizan o presente contrato en base ás seguintes.
Polo presente contrato o cliente contrata a SOND3 DISEÑO & DESARROLLO S.L. para que realice a prestación dos servizos consistente na posta á disposición dunha licenza de uso da aplicación denominada ORZAME en formato SaaS (Software como Servizo).
ORZAME outorga ao cliente o dereito non exclusivo, non transferible para utilizar o Servizo e realizar os seus propósitos relacionados coas cláusulas deste contrato.
Todos os dereitos que non lle sexan outorgados de forma explícita reservaráos ORZAME.
O software, proporcionado por ORZAME en modalidade SaaS, conta coas seguintes características funcionais:
O Software proporciona acceso inmediato a datos actualizados relacionados con ingresos, gastos e fluxo de caixa por cada proxecto individual, permitindo a consulta instantánea de dita información por parte do CLIENTE. Así mesmo, contarase cunha organización sistemática de facturas clasificadas por provedor e por proxecto.
O Software foi deseñado para facilitar o ingreso de datos por parte do CLIENTE, ofrecendo unha interfaz que permite visualizar a información de forma clara, ordenada e comprensible desde o primeiro uso.
O CLIENTE poderá configurar o grao de detalle da información á súa conveniencia, incluíndo, sen limitarse a: seguimento de entregas, facturación, cobros e pagos.
O uso do Software está orientado a simplificar a xestión financeira do negocio, contribuíndo a unha optimización do tempo e recursos do CLIENTE, permitíndolle enfocar os seus esforzos en actividades estratéxicas.
O software caracterízase pola súa simplicidade operativa, libre de funcións innecesarias, o que a converte nunha ferramenta idónea para autónomos, profesionais independentes e pequenas empresas.
ORZAME garante que o Software conta con medidas de seguridade técnicas e organizativas axeitadas para a protección dos datos persoais e financeiros do CLIENTE, cumprindo coa normativa vixente en materia de protección de datos, segundo o disposto na cláusula undécima “Protección de Datos Persoais”.
O CLIENTE poderá acceder aos seus datos financeiros de forma inmediata, sen depender de informes periódicos externos, permitindo unha supervisión continua do estado económico dos seus proxectos e operacións.
O Software ofrece ferramentas de control orzamentario en tempo real, facilitando a supervisión de gastos, ingresos e beneficios asociados a cada proxecto xestionado polo CLIENTE.
O CLIENTE contará cun servizo de soporte técnico proporcionado por ORZAME, dispoñible para a resolución de incidencias, dúbidas ou problemas técnicos relacionados co uso do Software.
ORZAME comprométese a:
O CLIENTE poderá acceder ao software desde calquera dispositivo con acceso a Internet que cumpra os seguintes estándares técnicos:
En cualquier caso, las características particulares de cada nivel de suscripción y de las funcionalidades adicionales se encuentran detalladas en la ficha de planes y precios disponible en: https://www.orzame.com/es/tarifas-planes-y-precios.
El CLIENTE abonará la cantidad indicada en el resumen del pedido y conforme a la información previamente suministrada en https://www.orzame.com/es/tarifas-planes-y-precios; siempre que realicen la compra desde orzame.com.
O CLIENTE acepta que a facturación e a cobranza de ORZAME sexan subrogados e xestionados polo distribuidor Paddle. Paddle encárgase da cobranza de pagos, emisión de facturas e xestión de impostos, mentres que ORZAME segue sendo responsable do servizo.
O prezo que figura é un prezo anual ou mensual por unha licenza de uso do software SaaS obxecto deste contrato, segundo a modalidade seleccionada. O prezo aboarase segundo as modalidades dispoñibles establecidas no formulario de contratación (que poderían incluír, entre outras, tarxeta de crédito ou débito, ou “Paypal”).
Emitiranse as facturas polos servizos contratados con periodicidade mensual, emitíndose a factura dentro dos 5 primeiros días de cada ciclo mensual, no caso da contratación mensual, e dentro dos 5 primeiros días de cada ciclo anual, no caso de contratación anual.
En caso de falta de pago de calquera cota emitida por ORZAME (ou pola entidade subrogada “Paddle”) a cargo do cliente, ORZAME queda facultada para suspender o servizo contratado, sen necesidade de comunicación previa algunha, ata que o cliente aboe os importes pendentes. Polo tanto, durante o tempo que dure a situación de impago, ORZAME non estará obrigada a prestar o servizo contratado.
No caso de que O CLIENTE acade o límite de calquera dos elementos incluídos no nivel de subscrición contratado (usuarios, facturas, contactos, bancos sincronizados ou outros), non poderá engadir elementos adicionais salvo que proceda a incrementar o seu nivel de subscrición ou adquirir funcionalidades adicionais mediante o seu panel de cliente. A contratación deste incremento considerarase perfectamente celebrada no momento en que O CLIENTE confirme a ampliación no seu panel de cliente, quedando suxeito ás condicións de permanencia e facturación correspondentes ao novo nivel de subscrición. A partir dese momento, o importe correspondente será cargado na forma de pago rexistrada na conta do CLIENTE no próximo ciclo de facturación.
ORZAME poderá actualizar as tarifas aplicables ás licenzas, subscricións, módulos ou servizos asociados ao software, tanto en cada renovación contractual como en calquera momento durante a vixencia do contrato, cando existan variacións significativas nos custos de operación, infraestrutura tecnolóxica, mantemento ou servizos asociados. Toda actualización será notificada ao CLIENTE por escrito ou por medios electrónicos cunha antelación mínima de 10 días, sendo aplicable unicamente aos períodos posteriores á notificación, sen afectar aos pagos xa realizados nin aos períodos previamente facturados. O CLIENTE que non acepte a actualización poderá rescindir o contrato notificándoo por escrito dentro do prazo indicado, sen que isto xere responsabilidade adicional para ningunha das partes.
Este contrato terá unha duración mensual ou anual, segundo a modalidade de subscrición elixida polo CLIENTE no formulario de compra, que empezará a contar á data da aceptación do presente contrato.
Se O CLIENTE non expresa desde a app a súa vontade de non renovar o presente contrato mediante a correspondente opción de cancelación, este renovarase automaticamente unha vez expirada a duración inicialmente pactada.
ORZAME conta cos medios materiais e persoais necesarios para o cumprimento das obrigas asumidas por medio do presente contrato, sen embargo, non pode garantir que a dispoñibilidade do servizo obxecto deste contrato sexa continua e ininterrompida, por circunstancias orixinadas por problemas na rede de Internet, avarías nos dispositivos informáticos e outras circunstancias imprevisibles. Non obstante, ORZAME comprométese a manter unha dispoñibilidade mínima do 99,5% mensual, salvo causas de forza maior.
O CLIENTE acepta soportar, dentro duns límites razoables, estas circunstancias, polo que renuncia expresamente a reclamar a ORZAME calquera responsabilidade contractual ou extracontractual polos posibles fallos, erros ou polo uso do servizo contratado.
No caso de que O CLIENTE detecte a existencia de algunha avaría ou un mal funcionamento dos Servizos, deberá comunicalo a ORZAME mediante chamada telefónica ou a través do envío dun correo electrónico.
Unha vez recibida a notificación e comprobado polo persoal de ORZAME que a avaría ou o mal funcionamento comunicados por O CLIENTE teñen a súa orixe nos traballos realizados por ORZAME na execución do presente contrato, ORZAME iniciará os traballos necesarios para solucionar a avaría ou o mal funcionamento detectado no prazo de tempo máis breve posible.
ORZAME comprométese a prestar os servizos contratados de acordo ao presente contrato. Para un mellor cumprimento do servizo, ORZAME poderá modificar as características da Aplicación coa finalidade de adaptala a cambios técnicos ou a cambios normativos, incorporar novas funcionalidades, corrixir erros ou mellorar prestacións, incluso cando iso conleve unha modificación no funcionamento da Aplicación.
ORZAME comprométese, cos límites que máis adiante se establecen, a manter o bo funcionamento da Aplicación durante a vixencia do contrato.
O CLIENTE poderá notificar as dúbidas ou consultas xurdidas como consecuencia do acceso ao servizo contratado a través do servizo de atención vía correo electrónico: o CLIENTE poderá enviar un correo electrónico á dirección: info@orzame.com
ORZAME proporcionará resposta ás consultas formuladas nun prazo máximo de 7 días. Aos efectos deste cómputo non se terán en conta sábados, domingos e festivos.
En ningún caso o Servizo de Soporte e Mantemento da Aplicación inclúen os seguintes servizos:
ORZAME realiza de forma transparente e sen intervención algunha do CLIENTE, un servizo de copia de seguridade dos datos aloxados na Aplicación. Para a recuperación destes datos o CLIENTE deberá poñerse en contacto con ORZAME.
En todo caso, o soporte non inclúe ningún aspecto relacionado coa normativa de facturación ou fiscalidade, só o relativo ao uso da app.
ORZAME resérvase o dereito a interromper temporalmente a prestación do servizo ou á suspensión do mesmo por necesidades imperativas de mellora, reparación ou substitución dos medios técnicos utilizados para a prestación deste.
ORZAME poderá suspender temporal ou definitivamente a utilización dos servizos contratados no caso de que O CLIENTE ou os seus clientes infrinxan calquera das disposicións contidas neste acordo, e, moi especialmente, cando a persoa contratante estea a cometer algún tipo de actividade ilícita, non abone as cotas pactadas e/ou cando O CLIENTE estea a utilizar o servizo vulnerando o disposto nas condicións de servizo.
ORZAME antes de suspender temporal ou definitivamente o servizo notificaralle esta circunstancia ao CLIENTE, expoñendo os motivos polos que se adopta esta decisión. ORZAME resérvase a facultade de suspender definitivamente o servizo prestado e resolver o contrato no caso de que calquera das causas que orixinaron a decisión de acordar a suspensión non fora subsanada dentro dun prazo de dez días naturais (10) desde a notificación da decisión adoptada.
ORZAME non asume responsabilidades por deficiencia ou corte de servizo, nin perdas de datos ou calquera outra, que se puideran producir como consecuencia da Interrupción ou Suspensión de servizo por causas imputables ao CLIENTE como por exemplo o impago das cotas. Estas accións ou as súas consecuencias non darán lugar, en ningún caso, á devolución de cantidade algunha, ou indemnizacións ao CLIENTE ou terceiros. A interrupción, suspensión ou resolución do contrato non eximirá ao CLIENTE das súas obrigas de pago establecidas nas condicións contractuais do servizo.
ORZAME non será responsable fronte ao CLIENTE polos danos e prexuízos ocasionados ou perdas que resulten da demora ou imposibilidade de cumprimento das súas obrigas legais ou contractuais, no suposto de que se produza calquera circunstancia imprevista ou que, estando prevista, fora inevitable ao estar fóra do seu control. En relación co uso do servizo ORZAME non garante:
ORZAME non será responsable dos danos derivados de ditas incidencias.
ORZAME ostenta a marca e todos os dereitos de propiedade intelectual, permisos e licenzas necesarios (propios, cedidos por terceiros ou de uso libre) para a venda, aluguer, comercialización e/ou uso de software, que integran o produto contratado.
O CLIENTE, en virtude das presentes condicións non adquire ningún dereito ou licenza sobre o produto contratado, excepción feita dos dereitos de uso e licenzas necesarios propios que configuren o paquete contratado e unicamente para o seu uso limitado coa duración do servizo.
O CLIENTE non poderá realizar ningún tipo de comportamento e uso dos servizos que supoñan ou permitan: suprimir ou modificar calquera marca ou aviso dos dereitos de propiedade de ORZAME ou os seus licenciatarios; ceder o uso dos servizos contratados a un terceiro; modificar, realizar traballos derivados de, desensamblar, descompilar, realizar enxeñería inversa sobre os servizos contratados; licenciar, vender, aluguer, transferir ou calquera outra forma de explotación.
Toda a información que AS PARTES se transmitan durante a execución do presente contrato é confidencial. AS PARTES comprométense a gardar dita información como tal, adoptando todas as medidas oportunas necesarias para garantir que exclusivamente aquelas persoas autorizadas terán acceso a dita información para desenvolver a actividade contratada. A información confidencial, incluído o contido do presente contrato, non poderá ser revelada a terceiros alleos nin durante a vixencia do presente contrato nin á finalización do mesmo sen a autorización expresa de ambas as partes.
Exceptúase aquela información que:
As partes comprométense a cumprir todas as obrigas legais en materia de protección de datos de carácter persoal previstas no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais, así como nas normas de desenvolvemento e as vixentes en cada momento.
Ambas partes manifestan expresamente que actúan no marco da súa actividade empresarial ou profesional, e que o presente contrato se celebra entre profesionais ou empresarios. En consecuencia, acordan que non resultará de aplicación a normativa relativa á protección de consumidores e usuarios, en particular o Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
O presente contrato poderase resolver polas seguintes causas:
En calquera caso, a parte que pretenda resolver o contrato alegando incumprimento da contraparte, deberá requirirlle ao cumprimento da obriga de forma fidedigna, outorgándolle un prazo de 10 días para que poida subsanar dito incumprimento. Transcorrido dito prazo sen que o incumprimento fose subsanado, o prexudicado poderá exercitar a mencionada facultade.
No suposto de que os incumprimentos foren de imposible subsanación no prazo de 10 días, o prexudicado poderá exercitar directamente a facultade de resolución sen necesidade de remitir, previamente, o antedito requirimento.
A Resolución do Contrato implicará o bloqueo do acceso á aplicación de forma indefinida, permitindo unicamente ao CLIENTE o acceso para realizar unha copia dos seus datos para a posible portabilidade, durante un período de dez días a partir da data de resolución ou baixa do contrato.
Unha vez transcorridos os dez días, ORZAME procederá ao borrado total dos datos do CLIENTE, e suprimirá as copias existentes.
ORZAME será responsable unicamente do correcto funcionamento do servizo de software especificado na Cláusula Primeira (“Obxecto”) do presente contrato. O Cliente recoñece e acepta que calquera outro programa, software, complemento, sistema operativo, ferramenta de terceiros ou infraestrutura tecnolóxica externa ao servizo contratado queda completamente fóra do ámbito de responsabilidade do Provedor.
En consecuencia, o Provedor non asumirá ningunha obriga nin responsabilidade, directa ou indirecta, por fallos, incompatibilidades, perdas de datos, interrupcións, danos ou prexuízos que poidan derivarse do uso, integración ou interacción do servizo con aplicacións, plataformas, contornos ou software distintos aos especificados no presente contrato.
As facturas xeradas a través destes servizos serán conservadas durante o período no que exista a relación contractual entre as partes. Porén, tras a finalización do presente contrato, por calquera causa, o Cliente disporá dun prazo dun (1) mes natural, contado desde a data efectiva de baixa do servizo, para acceder, consultar e descargar as súas facturas e demais documentos relacionados coa facturación xerados durante a vixencia do contrato.
Transcorrido dito prazo, o Provedor non estará obrigado a conservar esa información nin a facilitar a súa recuperación, sendo responsabilidade exclusiva do Cliente a custodia, conservación e cumprimento de calquera obriga legal en relación con esa documentación, incluíndo, sen carácter limitativo, o cumprimento dos prazos legais de conservación fiscal ou contable.
O Cliente recoñece e acepta que, unha vez finalizado o prazo indicado, o Provedor poderá proceder á eliminación dos datos de facturación de acordo coa súa política de retención de datos e coa normativa aplicable en materia de protección de datos.
As contas denominadas “free” eliminaranse tras un período de 6 meses de inactividade.
Cando o Cliente cancela a súa conta de pago, esta pasa a denominarse “free”, e os datos de facturación conservaranse durante 6 meses desde a devandita cancelación. Unha vez expirado ese prazo, a conta eliminarase se o CLIENTE non activa de novo a conta de pago.
Ten dereito a cancelar a subscrición nun prazo de 14 días, sen necesidade de xustificar o motivo. O prazo de cancelación expirará aos 14 días contados desde o día seguinte á finalización da transacción. Para cumprir co prazo de cancelación, abonda con que nos envíe a súa comunicación relativa ao exercicio deste dereito antes de que remate o prazo de 14 días.
Para garantir unha tramitación inmediata, rogámoslle que se poña en contacto connosco a través do correo electrónico app@orzame.com. O seu dereito de cancelación só se aplica tras a subscrición inicial e non en cada renovación automática. Tamén ten dereito a comunicarnos a súa cancelación mediante calquera outra declaración clara e inequívoca a través dos nosos canles de comunicación dispoñibles.
Realizaremos o reembolso sen demora indebida, e como máximo 14 días despois da data na que se nos informe da súa decisión de cancelar este contrato, empregando o mesmo método de pago que utilizou para a transacción inicial, e non se lle cobrará ningunha comisión como resultado do reembolso.
Os reembolsos concédense á plena discreción de OrzaMe e avalíanse caso por caso, podendo ser denegados. OrzaMe rexeitará unha solicitude de reembolso se atopa indicios de fraude, abuso do sistema de reembolsos ou calquera outra conduta manipuladora que lle permita reclamar dito reembolso.
Este contrato ríxese polo ordenamento xurídico español.
No caso de que algunha ou algunhas das cláusulas das condicións contractuais sexan consideradas nulas por un xulgado ou tribunal, subsistirá a vixencia das demais condicións contractuais.
No caso de conflito, as partes con renuncia a calquera outro foro que pudera ser de aplicación someteranse á competencia dos Xuíces e Tribunais de Lugo.